O Barcelona rozou a final da Champions pero acabou caendo na prórroga (4-3)
O Inter gañaba ao descanso por 2-0 pero o Barça remontou no segundo tempo e púxose 2-3 no minuto 88
Acerbi levou o partido á prórroga cun gol no 93 e Frattesi sentenciou no tempo suplementario

Agardábase unha saída forte dos italianos e o Inter non defraudou. Froito desa intensidade chegou o gol de Lautaro nunha perda de Dani Olmo, un pase rápido sobre Dumfries que asistiu ao arxentino no 1-0.
Si concedes, te castigan.
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) May 6, 2025
El Inter aprovecha la fuga del Barça en salida de balón.#UCL #LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/PymXmcA7U8
Reaccionou o Barcelona da man de Lamine Yamal. Súas foron as mellores xogadas de ataque do Barcelona, sobre todo un centro que non rematou Ferrán Torres en boca de gol por centímetros. O Inter seguía co seu plan de partido, roubar e saír á contra aproveitando a defensa adiantada do Barça. Noutra xogada rápida Cubarsí derrubou a Lautaro e logo da revisión do VAR o colexiado asubiou o penalti. Çalhanoglu non desaproveitou a ocasión e puxo o 2-0 xusto antes do descanso.
El colegiado señaló penalti de Pau Cubarsí sobre Lautaro Martínez tras consultar el VAR. #UCL #LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/lbSA4EJixn
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) May 6, 2025

O segundo tempo comezou cun gol anulado por fóra de xogo ao central italiano Acerbi. E continuou co tanto de Éric García no minuto 54 chegando por sorpresa desde o lateral e rematando co interior un centro desde a esquerda.
💥 GOLAZO de Eric García.
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) May 6, 2025
Reacciona el Barça. #UCL #LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/WJ1jzAFv75
Tivo o empate da eliminatoria o Barça tres minutos despois nunha acción rapidísima rematada outra vez por Éric García con todo para marcar pero atopouse cunha parada magnífica de Sommer. O equipo español seguía insistindo e no 60 Dani Olmo cabeceou un centro medido de Gerard Martín.
🔨 DANI OLMO AL RESCATE. #UCL #LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/O6sxkeo45R
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) May 6, 2025

Houbo máis polémica no minuto 68 nunha xogada na que o colexiado asubiou penalti por unha entrada sobre Lamine Yamal que acabou sacando fóra da área o VAR por milímetros. Yamal seguía sendo un pesadelo para a defensa do Inter e no 77 obrigou a Sommer a facer outra gran parada.
O dominio era absoluto pero non daba chegado o gol ata que no 88 apareceu Raphinha, o máximo goleador da Champions, para marcar cun remate cruzado.
😱 RAPHINHA.
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) May 6, 2025
El Barça remonta el 0-2. #UCL #LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/XHAoIqheVF
Faltaba unha última sorpresa no partido. O Inter estaba perdido pero fabricou unha xogada no terceiro minuto do engadido para que Acerbi empatase (3-3) e levase o partido á prórroga.
⚫️🔵 ACERBI EN EL 93'.
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) May 6, 2025
Qué locura de partido. El Inter resucita. #UCL #LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/VzPAPgZ2fc
O golpe do empate foi moi duro e peor resultou para o Barcelona o tanto de Frattesi no minuto dez da primeira parte da prórroga. Os de Flick tiveron o empate no 107 nun remate de cabeza de Lewandowski e no 114 Yamal cruzou un lanzamento marca da casa que lle cazou Sommer.