Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fútbol total con resultado incerto entre o Barcelona e o Inter (3-3)

Fútbol total con resultado incerto entre o Barcelona e o Inter (3-3)

Os italianos foron por diante cun 0-2 e un 2-3 pero o cadro catalán salvou o empate e irá con vida ao partido de volta

G24.gal 30/04/2025 22:33 Última actualización 30/04/2025 22:49

O Barcelona e o Inter de Milán disputaron un partido de fútbol total na ida das semifinais da Liga de Campións. O resultado (3-3) reflictiu o tolo que estivo o partido e todo queda para a volta que se xogará en San Siro.

Non pasaran nin trinta segundos e o Inter xa estaba en vantaxe grazas a un remate de calcaño de Thuram. No minuto 21 Dumfries remataba de xeito espectacular un córner e poñía o 0-2 para o cadro italiano. 

O Barcelona botouse arriba con todo. Lamine Yamal recurtou diferenzas con outro golazo e no medio da treboada ofensiva acabou empatando Ferrán Torres antes do descanso. 

O segundo tempo semellaba algo máis calmo ata que chegou o terceiro do Inter, marcado por Dumfries outra vez rematando un córner. Un par de minutos máis tarde Raphinha executaba un gran disparo que acabou metendo en propia porta Sommer. Os corazóns seguían a altas pulsacións cun gol anulado ao Inter a quince minutos para o final por unha posición milimétrica. 

Quedaba unha última xogada prodixiosa de Lamine Yamal pero o seu remate cunha parábola imposible acabou estrelándose contra a escadra, e outro lanzamento de Raphinha no engadido que salvou o porteiro do Inter mandándoo a córner. Todo queda pendente da volta na que se agardan fortes emocións. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade