Aprobado o novo convenio de Stellantis Vigo cun 91 % de apoio sindical

Inclúe novos contratos, subas salariais e melloras para os traballadores ata o ano 2027 

G24.gal 27/11/2023 14:23

Stellantis aproba en Vigo o seu convenio colectivo apoiado polo 91 % da representación social da planta, ademais de contar cos apoios do Sindicato Independente de Traballadores (DIT-FSI), a UXT e CCOO.

A empresa adxudicará ao centro da cidade olívica a próxima plataforma de vehículos eléctricos con un lanzamento que se programado para período entre 2027-28. 

Entre os puntos deste plan atópase o millar de evolucións de contratos estables, detallados en: 200 de duración definida, 350 cambios de xornada de contrato a tempo completo con claúsula de variabilidade e 450 supostos de caducidade da cláusula de variabilidade. Como mínimo, 150 desas evolucións daranse antes do fin de 2024.

Por outra parte, os contratos novos serán do nivel B1, cun soldo de entrada de 19.500 euros ao ano. Isto, aínda pendente da actualización salarial do ano que vén.

No que respecta á remuneración, inclúese na parte fixa unha paga de 400 euros á firma do convenio. Esta abonarase en decembro, e o incremento do salario será en función do que aumente o IPC ata o límite do 4 %.

En caso de que o IPC supere o 4 % aboarase unha paga non consolidable dun importe que equivalería a diferenza entre se porcentaxe e o aumento de prezos acumulado.

Sobre o seu plan de igualdade, a multinacional asegura un 23,3 % de representación feminina nos procesos de xestión de recursos humanos e o mantemento das conciliacións existentes, ademais de  duplicar a dotación de prazas para alternativas especiais de redución da xornada (30 prazas) e adaptación do horario (30 prazas).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade