A Torre de Hércules acollerá a primeira etapa do Gran Camiño

Será unha contra o reloxo individual de quince quilómetros

G24.gal 01/12/2023 12:36 Última actualización 01/12/2023 16:04

A Torre de Hércules acollerá a primeira etapa do Gran Camiño. Será unha contra o reloxo individual de quince quilómetros aproximadamente, para inaugurar a terceira edición da carreira.

Será o día 22 de febreiro. Esta mañá a organización e a Deputación da Coruña asinaron o convenio de colaboración. No Gran Camiño participan as catro deputacións e a Xunta de Galicia.

Valverde e Vingegaard gañaron as edicións disputadas. O equipo de Vingegaard confirmou a súa  presenza. Nos próximos días máis equipos UCI Pro Tour anunciarán a participación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar