Á procura do ladrón ou ladróns dunha barbería da Coruña

Levaron todos os utensilios e unha máquina de tatuar valorados nuns 6.000 euros

G24.gal 01/12/2023 13:58

Desvalixaron e remexeron toda a recepción, pero como non atoparon nada do seu gusto, foron directos á zona de traballo.

"Levaron todas as máquinas, tesoiras, peitas... Todo o material valorado nuns seis mil euros. E deixáronnos sen poder traballar", comenta José Rivas, o propietario da barbería Lume.

E tamén lle deixaron unhas zapatillas.

"Roñosas e vellas. Porque levaron unhas miñas que coleccionaba...", engade José.

Soubo do roubo dúas horas máis tarde, cando, ás seis da mañá, recibiu a chamada dun veciño.

"Díxome que vira o burato na porta e despois, ao longo da mañá, outros veciños comentáronme que ás catro da mañá escoitaran un ruído, outro que vira unha persoa sospeitosa...".

O certo é que para dar o golpe non extremaron todas as precaucións.

"Ao coller o material, cortáronse e deixaron un regueiro de sangue. Cando chegaron os investigadores puideron analizar ese sangue e xa dixeron que esas probas son fundamentais para dar co seu paradoiro".

Polo momento, a investigación da Policía Nacional segue en curso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade