A Pobra do Brollón encóntrase en risco de quedar sen os servizos de fibra óptica e telefonía fixa

Advirten a compañía telefónica da caída dunha árbore sobre o cable que dá o servizo

Félix Aragunde 27/11/2023 13:42

A vila da Pobra do Brollón encóntrase en risco de quedar sen fibra óptica e sen telefonía fixa. O motivo é a caída dunha árbore sobre o cable que subministra estes servizos, que foi instalado hai escasos meses.

Cristina Touza, farmacéutica: "Eu sen telefonía nin Internet non podo dispensar. Non podo atender a xente nin entregar medicamentos. A receita electrónica depende directamente da telefonía".

Os propios veciños deron a voz de alarma. Cando viron o piñeiro caído sobre os cables de telefonía puxéronse en contacto coa empresa que presta o servizo, co fin de que o incidente sexa resolto canto antes. 

O lugar onde se produciu a caída da árbore foi ás aforas do Empalme, na parroquia de Castroncelos. Malia as chamadas dos clientes á compañía telefónica, o piñeiro segue deitado sobre o cable.

Dende a veciñanza afectada sinalan que non se trata dun caso illado, polo que cumpriría revisar as árbores que se encontra a rentes dos fíos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar