Cargando resultados...
O Ourense C. F. gaña en Valladolid e colócase no segundo posto
Facu Ballardo marcou o único gol do partido aos 13 minutos
G24.gal
05/11/2023 19:53
O Ourense Club de Fútbol confírmase como a sorpresa do Grupo I na Primeira Federación. Gañou no campo do Valladolid Promesas e colócase como o segundo clasificado, xusto por detrás do Zamora e con dous de vantaxe sobre o Pontevedra.
Unha xornada máis o equipo de Rubén Domínguez amosou a súa fiabilidade, moi serios en defensa e aproveitando a máis mínima concesión do rival. Así chegou o gol de Facu Ballardo no minuto 13 da primeira metade, que decidiu o partido. Despois houbo que traballar arreo para neutralizar un equipo do talento do filial pucelano, pero Marqueta acabou coa porta a cero.