Gilsanz inaugura con orgullo unha Peña Deportivista na súa vila de Betanzos
Como xogador estivo toda a súa traxectoria no equipo betanceiro e alí comezou o seu periplo como técnico
Óscar Gilsanz inaugurou en Betanzos unha Peña Deportivista co seu nome. Para a vila é un motivo de orgullo que o adestrador no regreso do Deportivo ao fútbol profesional sexa un betanceiro de toda a vida e que continúe vivindo alí. Gilsanz pode considerarse un 'One club man' porque xogou toda a súa vida no Betanzos.
Alí foi onde deu os seus primeiros pasos como adestrador aínda que o recoñecemento chegaría máis tarde. Primeiro de toda a Terceira División co seu bo traballo no Rácing Vilalbés e logo relacionado co Deportivo, primeiro co Laracha -equipo co que había un acordo de filialidade-, co xuvenil no que conseguiu o Campionato de España, e co Fabril ao que ascendeu a 2ª RFEF. No mes de novembro chegoulle a oportunidade da súa vida e non a desaproveitou porque os seus números no primeiro equipo do Dépor son moi respectables.