Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Ourense C. F. empata nas Llanas (2-2) e segue albergando esperanzas de promoción

O Ourense C. F. empata nas Llanas (2-2) e segue albergando esperanzas de promoción

A primeira parte estivo chea de alternativas; na segunda, o Sestao, máis necesitado, levou a iniciativa

Foto: @Ourense_CF
G24.gal 27/04/2025 14:25

A primeira metade foi trepidante, co Ourense tendo algo máis de dominio, pero co Sestao facendo dano case en cada ocasión. Adiantouse axiña o conxunto local. No minuto 8, un rápido ataque pola dereita chegáballe a Garai, que batía a Marqueta para sacar os vascos dos postos de descenso.

Pero quedaba moito por xogar, e os das Burgas axiña cazaron o gol do empate. Ían 15 minutos cando Zalaya cabeceou un córner, e Carbonell cazou a pelota na área pequena para empatar, tamén coa cabeza.

Case sen tempo para dixerilo, o Sestao volveuse adiantar. Mediado este primeiro tempo, Córdoba conectaba un bo disparo afastado ao que non podía responder Marqueta. Pero outra vez levantouse o conxunto galego. Un centro desde a esquerda aproveitouno Jerín cunha gran cabezada para mandar o partido igualado ao descanso.

Na segunda metade entrou mellor o Sestao, que pisou área nos primeiros minutos, e cada vez foi inquietando máis. O dianteiro Aznar gozou de varias ocasións claras que non puido precisar, e tamén tirou desde lonxe Córdoba. O Ourense tivo tamén as súas ocasións, especialmente nas botas de Josema Raigal, que probou a Herrerín. Pero o marcador xa non se moveu.

O Ourense C. F. suma un punto co que non se achega aos postos de promoción. Si lle abonda o empate ao Sestao para saír momentaneamente dos postos de descenso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade