Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Ourense CF tumba ao líder no Couto (1-0) e soña coa promoción

O Ourense CF tumba ao líder no Couto (1-0) e soña coa promoción

Abondou un gol de Carbonell aos dez minutos para derrotar a unha Cultural que se mete en problemas

Os de Pablo López suman 50 puntos, e están a tres puntos dos postos de play off

Foto: @Ourense_CF
G24.gal 03/05/2025 20:58

O Ourense CF segue a protagonizar unha temporada histórica. Desta volta, derrotou ao líder da categoría, a Cultural Leonesa, resultado que lle permite certificar a permanencia, e quedar momentaneamente a tiro dos postos de promoción de ascenso, xusto cando a Liga entra no seu momento decisivo.

Saiu a Cultural disposta a meter medo, animada polo milleiro de siareiros que a acompoñaron ao Couto. O líder pisou área, pero non foi quen de crear ocasións claras. E o Ourense CF sacudiu o dominio do mellor xeito posible, cunha gran xogada lanzada por Fidalgo. Jairo gañou a liña de fondo e asistiu a Carbonell para que marcara o 1-0.

O gol foi a mellor medicina para un Ourense CF que, malia a que as incursións da Cultural seguiron, non sufriu en exceso no resto a primeira metade. Polas bandas si chegaron algúns remates da Cultural no treito final da primeira metade, pero Marqueta non pasou excesivos apuros.

Na segunda metade, a Cultural volveu sair cunha ofensiva á busca da igualada pero, igual que acontecera na primeira metade, as súas acometidas non tiveron éxito, e o Ourense CF puido matar o partido nunha contra, cun servizo desde a esquerda ao que non puido chegar Carbonell. Non renunciaba o conxunto galego ao segundo tanto, e Gonzalo Di Renzo tamén tivo unha para empuxar, desta volta servida por Alberto Gil desde a dereita. Tampouco foi quen de atinar.

O encontro foi entrando no treito final, cun remate para Chacón e otro de Blesa que non entraron entre paus. As máis claras foron unha cabezada de Víctor Ruiz, á saída dunha falta, que marchou por ben pouco., e outro remate desviado de Chacón.

Unha vitoria máis, esta diante de todo o líder da categoría, que se mete en problemas coa Ponferradina a dous puntos, e que lle permite soñar aos ourensáns. Arestora están a tres da promoción e, cun onfrontamento directo, saben que rematarán a xornada, como moito, a catro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade