Hoteis de Vigo, completos para ver as luces de Nadal

As primeiras fins de semana de decembro están ao 100 %

As primeiras reservas fixéronse en agosto

G24.gal 14/11/2023 20:48 Última actualización 14/11/2023 21:09

Xa empeza a ser complicado atopar cuartos libres nos hoteis de Vigo para as primeiras fins de semanas de decembro. O reclamo das luces de Vigo non baixa en intensidade e mesmo aumentan a antelación das reservas. Non só se nota nos hoteis de Vigo, senón tamén na contorna. Cangas ou Pontevedra acollen cada vez máis visitantes nesta época do ano.

Ademais, este ano agardan que se multipliquen as ceas de empresa e as celebracións de fin de ano. Malia que foi un ano complexo pola inflación e os conflitos internacionais, os hostaleiros confían pechar 2023 con boas cifras.   

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade