Cargando resultados...
As traballadoras das escolas infantís privadas denuncian que a patronal está a bloquear a negociación do convenio colectivo
As traballadoras das escolas infantís privadas denuncian que a patronal está a bloquear a negociación do convenio colectivo
Sinalan que as táboas salariais levan conxeladas dende 2021 e que quedaron por baixo do salario mínimo interprofesional
![](https://img-g24-crtvg.flumotion.com/prog24/2023/20231108/fotoFOLGAESCOLASINFANTISPRIVADAS_frame_2266.png)
G24.gal
08/11/2023 14:40
Nova xornada de folga nas escolas infantís privadas de España. As traballadoras denuncian que a patronal está a bloquear a negociación do convenio colectivo e rexeitan a última proposta feita dende a parte empresarial por considerala "miserenta e involutiva".
Sinalan que as táboas salariais levan conxeladas dende 2021 e que quedaron por baixo do salario mínimo interprofesional. Dende os sindicatos cifran o seguimento da folga en máis dun 80 %, se ben denuncian que os servizos mínimos fixados para esta xornada foron abusivos. Esta mañá, as traballadoras mobilizáronse tamén en distintas cidades galegas.