Sucesos

Foto de arquivo

Interceptados dous condutores a 179 km/h en zonas limitadas a 90 e 80 na Mariña de Lugo

01/07/2025 12:20

As dilixencias policiais quedaron en mans do Xulgado de Instrución de Garda de Viveiro no primeiro caso

As dilixencias policiais foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda número 1 de Vilalba no caso do segundo condutor 


Detida a propietaria dun dos 'after' da Milagrosa por tentar agredir dous policías

01/07/2025 11:42

É un dos locais deste barrio de Lugo que xera moitas protestas entre os veciños pola cantidade de incidentes e pelexas que se producen neles

Etiquetas:  DROGAS


Falece un traballador ao caer dun camión de recollida de lixo en Ourol

01/07/2025 09:34

Os sanitarios non puideron facer nada por salvar a vida do operario, que quedara inconsciente ao caer do camión de recollida de lixo

A vítima tiña 48 anos e era o seu primeiro día de traballo


Feridos tres axentes da Policía Nacional durante unha intervención por un roubo na Coruña

30/06/2025 20:23

O home levaba dúas armas brancas e atacou os policías cando tentaron reducilo

Etiquetas:  ROUBOS

A investigación comezou a finais de setembro do 2024

Investigan seis persoas por presuntos roubos con forza levados a cabo con camións guindastre

30/06/2025 18:09

Trátase de seis homes, todos con antecedentes penais, que teñen entre os 39 e os 48 anos e son veciños das localidades de Lugo, Ponferrada, e A Coruña


A investigación foi levada a cabo polo Grupo de Patrimonio da Policía Xudicial da Garda Civil de Pontevedra

Desarticulan un grupo dedicado a estafar anciáns, cun detido e varios investigados

30/06/2025 16:34

Primeiro seleccionaban os domicilios que ían visitar e ofrecíanlles diversos agasallos para gañarse a súa confianza e venderlles os produtos

As pescudas iniciáronse en febreiro ao entrar unha denuncia dunha persoa maior residente en Baiona 


Salvan unha persoa que se atragoara coa tapa dun bar en Carnota

30/06/2025 15:35

O home tiña 75 anos e era veciño da parroquia de Lariño

Atragoou cunha tapa de solombo que lle puxeran coa consumición

Trasladárono en helicóptero ao Hospital Clínico de Santiago

Etiquetas:  ACCIDENTE

En liberdade o agresor dun operario da limpeza de Ferrol, que está grave

30/06/2025 14:48

O agresor deulle un golpe na mandíbula tan forte que o derrubou, golpeando a cabeza no chan

Foi un ataque ao chou, cando a vítima baixou do camión axudar os compañeiros

 

Etiquetas:  AGRESIÓN

A policía busca o autor dunha agresión sexual a unha moza de 21 anos en Alcalá de Henares

30/06/2025 13:31

As cámaras de seguridade puideron captar o momento da agresión e a posterior fuxida do sospeitoso

Publicidade
Publicidade