Yoel Lago: "Ás veces teño carácter de máis, non quero perder e compito ata o final"
O central de Mondariz amosa a súa "felicidade" pola ampliación de contrato ata o 2029
Tres días despois de renovar o seu contrato co Celta, Yoel Lago atendeu aos medios oficiais do club para facer un pequeno repaso á actualidade celeste.
O de Mondariz fala da clasificación europea, o seu debut, a figura de Claudio Giráldez, o seu paso pola Celta Fortuna ou o papel da afección, ademais da súa "felicidade" por ampliar ese contrato.
"É unha felicidade incrible. Estou moi contento de seguir aquí. Oxalá conseguir cousas bonitas esta tempada".
Referiuse da súa impetuosidade no campo.
"Ás veces teño carácter de máis. É porque non quero perder e compito sempre ata o final".
Reflexiona tamén sobre a importancia na súa carreira de Claudio Giráldez:
"Eu xogaba no medio do campo. Cando empezo a adestrar con Claudio dime que teño condicións de central, e que podo facer un bo fútbol".
"A verdade é que grazas a el estou aquí e moi contento".
Yoel asinou un novo contrato co Celta ata o 2029.