Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta pecha a renovación de Yoel Lago ata 2029

O Celta pecha a renovación de Yoel Lago ata 2029

O canteirán disputou 29 encontros co Celta Fortuna en Primeira RFEF e sumou 10 partidos co Celta, incluídos dous na Copa do Rei

Foto Celta
G24.gal 13/06/2025 14:47 Última actualización 13/06/2025 14:52

O R. C. Celta continúa firme na súa aposta pola canteira coa renovación de Yoel Lago. Un dos últimos talentos formados na Madroa asina co club da súa vida por catro tempadas máis.

A campaña 2024/25 quedará gravada para sempre na memoria do central, xa que tras un ano de crecemento continuo, Yoel deu o esperado salto ao primeiro equipo, onde deixou unha imaxe impecable. Cunha evolución constante, o canteirán disputou 29 encontros co Celta Fortuna en Primeira RFEF e sumou 10 partidos co Celta, incluídos dous na Copa del Rei.

Desde a súa chegada ao vestiario dirixido por Claudio Giráldez, Yoel non só adaptouse con naturalidade, senón que se converteu en parte activa da recente conseguida clasificación para a Europa League.

A súa renovación é un sinal claro do gran momento que vive a canteira celeste, cunha xeración que ilusiona, que soña e que fai soñar. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade