Publicador de contidos

Publicador de contidos

Olaya Rodríguez abandona o Real Madrid e ficha polo Dépor ata 2028

Olaya Rodríguez abandona o Real Madrid e ficha polo Dépor ata 2028

Na súa primeira temporada en Riazor, cedida polo Real Madrid, converteuse nunha das referentes ao xogar 27 partidos e marcar 3 goles

Foto Deportivo Foto Deportivo
G24.gal 16/06/2025 16:58 Última actualización 16/06/2025 17:25

Na súa primeira temporada en Riazor, cedida polo Real Madrid, converteuse nunha das referentes ao xogar 27 partidos e marcar 3 goles.

O seu bo facer foi recoñecido tanto por medios de comunicación ao ser galardoada con Xogadora Estrela nos meses de febreiro e marzo.

Antes de chegar ao Dépor Abanca, na temporada 2023-24, en que alternou o primeiro equipo branco co filial, participou en 6 partidos en Liga F e noutros 2 na Liga de Campións Feminina.

Co segundo equipo madridista logrou o ascenso a Primera Federación Iberdrola con 14 encontros xogados (13 como titular) e con 2 goles anotados.

Olaya formouse en varios clubs asturianos como o Femiastur, Real Avilés C. F., Versalles, Real Avilés ou o Spórting de Xixón antes de dar o salto ao Real Madrid  na temporada 2022-23.

É internacional española sub-16; campioa do mundo e subcampioa de Europa en 2022 coa selección española sub-17; campioa de Europa coa sub-19 en 2023; e internacional sub-20.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade