Publicador de contidos

Publicador de contidos

Conta atrás no Celta para a contratación de Moriba

Conta atrás no Celta para a contratación de Moriba

O Celta ten que pagar o traspaso de 6 millóns e chegar a un acordo co centrocampista polo seu salario

G24.gal 13/06/2025 13:34 Última actualización 13/06/2025 13:47

A dirección deportiva do Celta ten unha tarefa importante esta fin de semana: conseguir a fichaxe de Moriba. Illaix Moriba pertence ao Leipzig alemán e ten un prezo de seis millóns de euros.

Sería un traspaso accesible para o Celta, que tería que negociar co futbolista o salario. O salario do xogador cambia con respecto ao que pagou o Celta esta campaña na que Moriba estivo en calidade de cedido.

O prazo para fichalo remata o domingo. Son seis millóns e a partir do luns encarece a fichaxe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade