Publicador de contidos

Publicador de contidos

A inercia positiva do PSG acaba co Atlético de Madrid (4-0)

A inercia positiva do PSG acaba co Atlético de Madrid (4-0)

Os de Luis Enrique barreron aos de Simeone no primeiro tempo con goles de Fabián e Vitinha

G24.gal 15/06/2025 22:52

O París Saint Germain mantivo a inercia positiva coa que rematou a temporada e derrotou o Atlético de Madrid con claridade por 4-0 na primeira xornada do Mundial de Clubs. Fabián Ruiz (minuto 19), cun preciso disparo pegado ao poste, e Vitinha, despois dun gran contragolpe no que participaron Doue e Kvaratskhelia no tempo engadido, puxeron unha cómoda vantaxe antes de chegar ao descanso no partido que se xogou en Pasadena (Estados Unidos). 

Na segunda parte reaccionou o Atlético de Madrid. Mesmo chegou a marcar un gol que lle foi anulado por posición de fóra de xogo. Acabou con dez o equipo de Simeone por expulsión de Lenglet e nos últimos minutos Mayulu conseguiu o 3-0 e Kang In Lee marcou o cuarto ao transformar un lanzamento de penalti. 

4. Paris Saint-Germain: Donnarumma; Achraf Hakimi, Marquinhos, Pacho, Nuno Mendes; Joao Neves, Vitinha, Fabián; Doue, Gonçalo Ramos e Kvaratskhelia. Tamén xogaron Mayulu, Lee Kang-in, Zaïre-Emery, Lucas Hernández e Mbaye.

0. Atlético de Madrid: Oblak; Marcos Llorente, Le Normand, Lenglet, Javi Galán; De Paul, Lino, Barrios; Julián Álvarez, Simeone y Griezmann. Tamén xogaron Koke, Correa, Gallagher, Reinildo e Sorloth.

Goles: 1-0, m.19: Fabián. 2-0, m.45+1: Vitinha. 3-0, m.87: Senny Mayulu. 4-0, m.96: Kang In Lee.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade