Cargando resultados...
A afección do Celta responde: "Un 60 % dos abonados renovaron o carné"
Dese 60 %, un 97 % mercou o suplemento da Liga Europa
G24.gal
12/06/2025 15:55
Última actualización 12/06/2025 16:01
A afección do Celta responde. Soben os prezos, pero os seareiros entenden que a próxima temporada ten un significado especial. E advírtese en Balaídos na renovación dos abonos. A doce de xuño un 60 % dos abonados renovaron o carné. Todo en 48 horas. E dese 60 % , un 97 % mercou o suplemento da Liga Europa.
Será unha campaña de xoves e fin de semana, de partidos europeos, de ambición na liga. A ocupación non pode chegar a 23.000 afeccionados, pero a atmosfera creada nos últimos tempos manterá a cor.