O primeiro foro Galicia sabe aMar incide nos beneficios de incluír produtos pesqueiros na dieta
Os expertos reivindican a pesca como alimento de primeira necesidade
Que Galicia sabe a mar sábeo ben Iñaki Bretal. Na súa cociña usa a diario ingredientes do que di é despensa e botica galega porque os produtos do mar alimentan e nutren.
"Onde estamos, en Galicia. Non ten sentido non consumir peixe. É do máis san que temos ao noso arredor", di o cociñeiro.
Que pode facer o mar pola nosa saúde? A resposta dérona nesta mesa en que se propuxo un pacto co mar.
"Podemos contar con produtos saudables á porta da casa, que ademais son pescados dun xeito cada vez máis saudable, explica Roberto Alonso, coordinador do proxecto Sanda o Hoxe para colexios de primaria.
Aliados do noso organismo. Incluílos na dieta supón moitos beneficios e hai quen mesmo fala dun elixir da xuventude.
"Consumir alimentos de calidade como os que nos dá o mar galego. Sen dúbida hai un consenso mundial en que é un camiño cara á xuventude. Galicia ten o seu elixir no seu mar, insiste o nutricionista Eloy Figueira.
Por iso reivindican a pesca como alimento de primeira necesidade.
"Se xa desde antes da crise de Ucraína demandabamos que se rebaixase o IVE dos produtos do mar polos beneficios que achegan á saúde, con máis razón agora redobramos a nosa reclamación man a man co sector", di Alfonso Villares, conselleiro do Mar.
Frescos, na lata ou transformados... O obxectivo é poñer en valor os produtos do mar e fomentar o seu consumo.