Claudio: "Pensamos no Valencia, non no Friburgo"
O Celta busca o triunfo en Valencia, onde non gaña desde 2016
O Celta xoga esta domingo no campo do Valencia, un equipo que semella vivir o mellor momento da temporada.
Os celestes, segundo o seu adestrador, Claudio Giráldez, non están pensando no partido do xoves fronte ao Friburgo. Di que non é tempo "aínda de focalizar"
Claudio cre que o encontro de Mestalla será "moi díficil, na primeira volta o resultado final foi enganoso pois ao principio puxéronos moitas dificultades". O adestrador do Celta conseidera que o útimo partido fronte ao Alavés foi "un borrón, pero non hai que dramatizar".
O único pensamento está en gañar para colocarse a un só punto do Betis, o quinto clasificado.
Aspas, Ristic, Starfelt, Vecino e Román son baixa por lesión para este partido.