Publicador de contidos

Publicador de contidos

Letras

'Os suicidantes': a novela gráfica onde Compostela respira escuridade

30/11/2023 15:07

Os suicidantes é unha novela gráfica negra que nos sitúa nunha Compostela distópica na que os suicidios son un andazo 

Ilustrada en branco e negro por Tomás Guerrero, Os suicidantes é a estrea de Diego Ameixeiras como guionista de novela gráfica

O libro, editado por Xerais, inclúe unha ruta polos escenarios da cidade de Santiago que aparecen na trama da novela

Categorías:  Galicia   Letras

Libros ilustrados sobre silencios, infernos e camiños do amor, con Carlos Negro

28/11/2023 15:59

O Lume, unha distopía apocalípica e baixadas aos infernos entre Dante e a ciencia ficción

A visita, XVI Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, reivindica os silencios

Cando non sei volver, linguaxe simbólica para desandar camiños 

Categorías:  Galicia   Letras

Cal será a palabra galega do ano? A RAG abre o prazo para enviar propostas

28/11/2023 14:50

O Portal das Palabras recolle as suxestións ata o 10 de decembro, despois votaranse as finalistas

Comadre, tanxugueiras, nós e sentidiño foron as vencedoras dos últimos anos


Pesar no mundo editorial e nas redes sociais polo falecemento de Miguel López, O Hematocrítico

28/11/2023 14:00

Miguel López deixa o seu enxeño e humor, e un legado literario importante de novela gráfica e literatura infantil

Son numerosas as mostras de pesar a través das redes sociais desde que se coñeceu o seu pasamento


Eva Mejuto: "O fogar é o primeiro espazo de contacto das crianzas cos libros"

26/11/2023 11:30

Eva Mejuto publica na editorial Triqueta o álbum O gran circo das palabras

No texto, animais vellos, explotados e aburridos no traballo tentan encarreirar a súa vocación

Fernando Martín é autor dos debuxos deste álbum ilustrado
 

Categorías:  Galicia   Letras

Luz Campello: "Quixen deixar constancia das feridas que temos polo feito de vivir"

25/11/2023 11:30

Ben sabe o mar que posúo o botín das piratas é o novo poemario de Luz Campello

As feridas en corpo e mente provocadas polo cancro, o desamor e a resiliencia están presentes neste poemario

Luz Campello pertence ao movemento da nova poesía guitírica
 

Categorías:  Galicia   Letras

Celso Sanmartín: "O perpetuo é un concepto máis próximo que a idea da eternidade"

23/11/2023 15:09

A cousa eterna, publicado por Apiario, presentouse esta tarde en Lalín, o lugar polo que transita o poemario

A escoita, a oralidade no cotián, as referencias filosóficas, os ritos ou o poder do simbólico conforman A cousa eterna

Categorías:  Galicia   Letras

A escritora Cris Pavón

'Eva e Lucy', de Cris Pavón: unha novela de maxia, ciencia e desmemoria

21/11/2023 14:39

A novela nace dunha experiencia persoal: unha filla amante da ciencia que ten que coidar dunha nai moi relixiosa en pleno proceso de deterioración cognitiva

Pavón recoñece unha unha zona gris e inexplicable, á vista da razón, no territorio das crenzas e a maxia
 

Categorías:  Galicia   Letras

Ramón Mariño: "Nos 90 aparecen os fanzines no rural galego para falar de problemáticas ecolóxicas"

20/11/2023 14:36

Os primeiros fanzines trataban de ciencia ficcción, pero despois pasaron a temas como o feminismo, a política ou o medio ambiente

Os fanzines galegos estaban publicados maioritariamente en galego e trataban temas da contorna dos creadores

O ensaio repasa as características as orixes dos fanzines e a historia dos fanzines galegos desde os anos 70

Categorías:  Galicia   Letras

Pedro Feijoo: "Parto da realidade política, pero o que me interesa é a trama arredor dela"

18/11/2023 11:30

Pedro Feijoo gañou o XL Premio Xerais de Novela con Ninguén contará a verdade

A novela aborda a corrupción política desde unha trama coral con moitos implicados

Esta tarde en Bueu preséntanse os premios Xerais, Jules Verne e Merlín conxuntamente

Categorías:  Galicia   Letras
Publicidade
Publicidade