Manuel Rivas, novo membro do Real Padroado da BNE
O xornalista e escritor tamén forma parte da Real Academia Galega
Xunto a el tamén nomearon a Irene Vallejo e a Juan Mayorga
Manuel Rivas, entre os 15 finalistas da Bienal de Novela Mario Vargas Llosa

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou este luns a orde do Ministerio de Cultura pola que nomea como novo vogal do Real Padroado da Biblioteca Nacional de España (BNE) a Manuel Rivas, Premio Nacional das Letras Españolas no 2024 e membro da Real Academia Galega.
Xunto a el tamén foron nomeados Irene Vallejo, escritora que gañou o Premio Nacional de Ensaio 2020 e a Juan Mayorga, Premio Nacional de Literatura Dramática 2013. Desta maneira o Real Padroado está formado por un mínimo de 17 vocais e un máximo de 30, sendo once destes membros natos.
O Padroado da BNE ten entre os seus vogais natos a María González, secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial; Jordí Martí, secretario de Estado de Cultura; María del Carmen Páez, subsecretaria Ministerio de Cultura; Carlos Marco, subsecretario Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades; Lida Sánchez, subsecretaria Ministerio de Facenda; Óscar Arroyo, director da Biblioteca Nacional de España; Mª José Gálvez, directora xeral do Libro, do Cómic e da Lectura Ministerio de Cultura; e Raimundo Pérez-Hernández, presidente da Fundación Amigos da Biblioteca Nacional de España.
O resto de vogais son nomeados e separados polo titular do Ministerio de Cultura, Ernest Urtasun, e concédeselle o privilexio a persoas de prestixio ou competencia no ámbito da cultura, a investigación científica e a economía. Tamén se pode recoñecer a persoas que se distinguisen pola súa colaboración ou apoio á BNE.
Algúns dos vogais desigandos son Isabel Burdiel, Premio Nacional de Historia, Anna Caballé, escritora y Premio Nacional de Historia, Carme Chaparro, presentadora e editora de televisión e radio; Gregorio Marañón, académico español; Sandra Ollo e Alicia Sellés, entre outros.
Bienal de Novela Vargas Llosa
Este luns tamén coñecemos que Manuel Rivas está entre os 15 finalistas da Bienal de Novela Mario Vargas Llosa. A Cátedra Vargas Llosa anunciou as quince obras finalistas da VI edición do Premio Bienal de Novela Mario Vargas Llosa, que se celebrará do 22 ao 25 de outubro en Cáceres, Badaxoz e Trujillo de maneira simultánea.