Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xosé Cermeño: "'Vantaxes e inconvenientes de case todo' é o meu particular gabinete de curiosidades"

Xosé Cermeño: "'Vantaxes e inconvenientes de case todo' é o meu particular gabinete de curiosidades"

'Vantaxes e inconvenientes de case todo' é unha colección de prosas breves que nace dos múltiples e heteroxéneos intereses do autor

Como os homes do Renacemento, Cermeño constrúe co seu libro unha especie de gabinete de curiosidades: dende a caza de baleas ata dicionarios, pasando pola química culinaria

Devoto de Tintín e de Hergé, o autor busca que as súas prosas igual que os seus guións saiban engaiolar o lector, case sempre con certas doses de humor

G24.gal 09/06/2025 12:30 Última actualización 09/06/2025 16:49

O último libro do escritor e guionista Xosé Cermeño reúne unha serie de prosas curtas para lectores curiosos e que gusten da ironía. Un libro feito de fragmentos da vida, da literatura, da historia e da erudición culinaria. 

Guionista e creador de múltiples producións televisivas algunha tan senlleira como Pratos combinados ou Larpeiros e autor de libros de gastronomía e obras de ficción, Xosé Cermeño di que o que realmente importa é interesar o lector. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade