Mario Obrero: "Quen máis erra nunha lingua é quen máis crea porvir nesa lingua"
'Con e de curcuspín' é un ensaio poético, un canto de amor ás linguas que conforman unha realidade plurilingüe e diversa
O autor dirixe unha carta a cada unha das linguas minorizadas do estado: desde o galego ou o eatremeño ata o catalán ou o éuscaro
O ensaio reflexiona sobre a identidade, memoria colectiva, a conexión entre as linguas e critica as políticas homoxeneizantes
"Reinvidicar la diferencia tiene que ver con aplaudir lo múltiple. Lo mejor de que existan besos y bicos es contar con dos formas y no unha, tener más palabras, que devienen en más pensamiento y más acción".
É tan só un fragmento da carta que o escritor Mario Obrero lle escribe ao galego no seu ensaio poético. 'Con e de curcuspín'. Un libro de amor polas linguas e pola diversidade. Un epistolario de amor polas linguas minorizadas do estado, un ensaio, unha declaración poética tamén pola diversidades e polas culturas, di el que "a herdanza dos pobres son as palabras".