Cargando resultados...
Pedro Feijoo: "Baixo o mito de Romasanta hai unha historia real moito máis violenta"
A nova novela de Pedro Feijoo, 'Onde nacen as bestas', recrea o universo de Romasanta
Feijoo escribiu a novela negra vivindo preto da casa que habitou Romasanta
A novela, editada por Xerais reflexiona sobre o peso da memoria e a súa herdanza
Pedro Feijoo con Flora, veciña de Rebordechao e personaxe da novela
G24.gal
06/06/2025 14:51
Última actualización 06/06/2025 16:23
Se vos gustan os misterios, reais ou imaxinarios, aquí vai un. Entre os lugares míticos que temos en Galicia está sen dúbida o territorio de Romasanta, o mito do lobishome galego, do que parte a novela 'Onde nacen as bestas', de Pedro Feijoo, recentemente publicada.
Da man do seu autor, fomos guiados ata a propia aldea onde viviu Manuel Blanco, pero tamén onde nace un novo e descarnado personaxe. Fomos a Rebordechao.