Audiovisual

Chega aos cines este venres a película 'Antes de Nós', o retrato máis íntimo de Castelao
21/05/2025 16:47
A película, producida coa colaboración da Televisión de Galicia, retrata a vida de Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, unha das figuras máis destacadas da historia galega como narrador, ensaísta, debuxante e médico

Ángeles Huerta: "Non por retratar o íntimo é un filme menos político"
21/05/2025 14:55
Castelao 'Antes de Nós' explora a relación entre Castelao e súa muller Virxinia Pereira, interpretada por Cristina Iglesias
A película céntrase en dous momentos da vida de Castelao, a gripe de 1918 e o seu labor como médico e a viaxe a Bretaña en 1929
'Antes de Nós' abre o Festival de Cans mañá, 22 de maio e estréase nos cines o venres 23

21/05/2025 14:35
Na segunda longa de ficción tras a premiada 'Dhogs', Andrés Goteira explora a tensión entre o medo e a identidade
Antonio Duran, 'Morris' e Iván Marcos coprotagonizan o filme, un reto para eles é actuar sen texto, a través dunha narración muda

Morre o director e guionista Mariano Ozores aos 98 anos, Goya de Honra 2016
21/05/2025 10:23
A Academia de Cinema salienta que foi un dos directores "máis prolíficos" da historia do cinema español, cun total de 96 películas que viron arredor de 90 millóns de persoas

20/05/2025 14:46
Abre esta edición do Festival Plataforma a bailarina e coreógrafa Nuria Sotelo coa peza 'Sobre o extravío ou a arte de perderse'
Oito espazos composteláns, desde a praza das Praterías ata a Casa das Máquinas ou o CGAC
A coreógrafa e bailarina Vera Mantero recibirá o Premio Plataforma pola súa traxectoria no ámbito das artes performativas

Alfonso Pato: "Cans é un festival a escala humana"
18/05/2025 11:30
Volve o Festival de Cans con 120 proxeccións, 85 cineastas e máis de 25 actuacións musicais
O antimilitarismo, a memoria e o despoboamento, entre os temas presentes nesta edición do festival
O cineasta Daniel Sánchez Arévalo será o protagonista do encontro no Torreiro; o Premio Pedigree é para Afonso Zarauza e os chimpíns de prata, para Nerea Barros, Uxía e Adriano

Nace G24Play: a primeira plataforma pública galega de noticias en vídeos curtos
17/05/2025 07:55
A CRTVG lanza o Día das Letras Galegas un novo servizo de noticias dirixido ao consumo en teléfonos móbiles
Serán vídeos moi curtos, directos e moi sinxelos de compartir nas redes e nas apps de mensaxería
É unha plataforma propia, non rexida polos algoritmos das grandes multinacionais da comunicación mundial

Oliver Laxe sacode Cannes e estremece os espectadores con 'Sirat'
16/05/2025 09:31
O cineasta franco-galego opta á Palma de Ouro con esta arriscada película onde mira de fronte a morte nunha 'rave' polo deserto de Marrocos
"A sección oficial é na que queremos estar todos os autores; significa que a película se vai ver e distribuír por todo o mundo, e eu como galego estou moi contento", asegurou Laxe

O cineasta Oliver Laxe opta por primeira vez á Palma de Ouro en Cannes
15/05/2025 21:28
España só acadou o máximo galardón en 1961 con Viridiana, de Luis Buñuel
O conselleiro de Cultura tamén eloxiou desde Cannes o bo momento do noso cinema

Jesús Silva: "'Antes de Nós' racha o xénero do biopic para amosar a dimensión humana"
15/05/2025 14:36
No festival de Cans atopamos retratos xeracionais, nunha edición marcada pola diversidade
'Antes de Nós' é retrato academicista no primeiro grande achegamento a figura de Castelao no cinema
'Ernest Cole' chega ás carteleiras, o punto de partida foi a descuberta de miles de negativos do fotógrafo estadounidense