Iñaki M. Antelo: "Os espectadores precisamos o contacto co artista, de aí o bo momento das performances"
Iñaki M. Antelo: "Os espectadores precisamos o contacto co artista, de aí o bo momento das performances"
Abre esta edición do Festival Plataforma a bailarina e coreógrafa Nuria Sotelo coa peza 'Sobre o extravío ou a arte de perderse'
Oito espazos composteláns, desde a praza das Praterías ata a Casa das Máquinas ou o CGAC
A coreógrafa e bailarina Vera Mantero recibirá o Premio Plataforma pola súa traxectoria no ámbito das artes performativas
O Festival Plaforma regresa mañá a Santiago xa na súa sexta edición. Como nas edicións anteriores, hai moi diversas propostas, todas no ámbito das artes performativas e oito escenarios diferentes para velas.
Artistas galegas a maior parte, pero tamén presenza internacional como a da bailarina e coreógrafa portuguesa Vera Mantero, que vai recibir o Premio Plataforma deste ano.
Falamos cos directores do certame, Iñaki Martínez Antelo e Mónica Maneiro.