Publicador de contidos

Publicador de contidos

Andrés Goteira: "Propostas comerciais hai moitas, precisamos algo de risco, o xogo na rodaxe é clave"

Andrés Goteira: "Propostas comerciais hai moitas, precisamos algo de risco, o xogo na rodaxe é clave"

Na segunda longa de ficción tras a premiada 'Dhogs', Andrés Goteira explora a tensión entre o medo e a identidade

Antonio Duran, 'Morris' e Iván Marcos coprotagonizan o filme, un reto para eles é actuar sen texto, a través dunha narración muda
 

Un momento da rodaxe, foto de Aigiboga
G24.gal 21/05/2025 14:35 Última actualización 21/05/2025 16:31

O equipo da produtora Gaitafilmes e o director de cine Andrés Goteira están estes días xa de cheo na rodaxe da que será a súa próxima longametraxe de ficción, 'Monstro'. A película, que conta coa participación da Televisión de Galicia, está protagonizada polos actores Antonio Durán 'Morris", e Iván Marcos. Estase rodando en distintas localizacións do interior de Lugo na procura dun ambiente natural que transmita misterio e illamento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade