Publicador de contidos

O Anxo Carro será o escenario do primeiro derbi galego da temporada

O Anxo Carro será o escenario do primeiro derbi galego da temporada

Munitis: "É unha marabilla. Isto achéganos ao que pode ser o fútbol profesional"

Idiákez: "Todos os equipos son peores fóra da casa"

G24.gal 01/09/2023 16:06 Última actualización 01/09/2023 16:17

Hai festa á beira do Miño. Segunda cita para o Lugo e na casa, e primeiro derbi. Recibe o Deportivo á calor dos sufridos tres puntos acadados diante do Teruel e con cheiro a partido fóra de categoría

Munitis: "É unha marabilla. Isto achéganos ao que pode ser o fútbol profesional. O ambiente será espectacular".

Rival ao que Munitis lle dá o cartel de favorito. A apenas cen quilómetros, Idiakez soña cun día máis certeiro que na primeira xornada. Anuncia un Deportivo sen contemplacións e agarda rematar coa pantasma de equipo pouco fiable que o acompaña dende hai tempo lonxe de Riazor.

Idiákez: "Todos os equipos son peores fóra da casa. Imos saír polos tres puntos".

O choque entre veciños e aspirantes levará o Anxo Carro preto do cheo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade