Lamine Yamal será barcelonista ata o 2031
A estrela do Barcelona prolonga para as vindeiras seis temporadas un contrato que remataba en 2026
O dianteiro Lamine Yamal (2007) ampliou o seu contrato co Barcelona ata o 30 de xuño de 2031 segundo anunciou este martes o club catalán. Deste xeito, o Barça ata para as vindeiras seis temporadas á súa grande estrela que estará de aniversario o 13 de xullo -18 anos-. Nesta campaña converteuse na grande aparición do fútbol mundial e foi unha das pezas fundamentais do triplete que fixo o seu equipo: Liga, Copa do Rei e Supercopa de España.
O anterior contrato de Lamine Yamal remataba en xuño de 2026, o máximo permitido para un xuvenil, a categoría que por idade lle correspondía ao xogador. A cláusula de rescisión estaba estipulada en mil millóns de euros aínda que na renovación do mesmo descoñécese si se mantén a mesma.
A renovación de Yamal foi unha prioridade para a directiva de Joan Laporta e o traballo ao que se dedicou as últimas semanas o director deportivo Deco.