Publicador de contidos

Publicador de contidos

Gilsanz: "O semáforo da miña renovación véxoo en ámbar, intermitente"

Gilsanz: "O semáforo da miña renovación véxoo en ámbar, intermitente"

Ao técnico galego "non lle molesta" que se vincule a outros adestradores co Dépor porque "isto é fútbol profesional e o club debe seguir traballando"

G24.gal 23/05/2025 11:42 Última actualización 23/05/2025 13:31

Óscar Gilsanz segue sen dar pistas sobre o seu futuro no banco de Riazor, ao que chegou a principios de novembro tras a destitución de Imanol Idiakez.

“Cando haxa novidades coa miña situación xa se dirán. Non me gusta falar de min, díxeno sempre. Hai cousas máis importantes nas que pensar e aínda temos cousas polas que pelexar nestas últimas dúas xornadas”, afirmou en conferencia de prensa.

Ao técnico galego “non lle molesta” que se vincule a outros adestradores co Dépor porque “isto é fútbol profesional e o club debe seguir traballando”, e incidiu en que a decisión final depende dos dirixentes.

“Véxoo en ámbar, intermitente”, respondeu ao ser preguntado por como ve o semáforo da súa renovación o actual adestrador do Deportivo

Óscar Gilsanz destacou tamén o traballo que está a realizar o exfutbolista Gabi Fernández á fronte do Real Zaragoza, ao que visitan o vindeiro domingo.

“Desde a chegada de Gabi, é un equipo que tenta competir, ser gañador de duelos, que arrisca o menos posible no inicio da xogada".

Ademais, Gilsanz lembrou que o calendario quixo que o seu equipo sexa un dos xuíces da Liga porque neste tramo final de curso está a medirse a equipos que pelexan polo ascenso ou por manterse na categoría.

“Desde que gañamos ao Albacete, estamos a xogar contra equipos que teñen marcado ese partido contra nós. Primeiro o recibimento ao Spórting, o outro día o Granada co seu cambio de adestrador. Esta semana nos medios de Zaragoza falaban de partido do século por esa opción de certificar salvación e a semana que vén o Elx porque se pode xogar o ascenso”, apuntou.

O partido de mañá será o último antes da demolición total da Romareda, unha situación que, a xuízo de Gilsanz, dálle “unha carga emocional”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade