O francés Pablo Martínez non continuará no Deportivo
O central disputou un total de 94 partidos oficiais coa camiseta branca e azul

O defensa francés Pablo Martínez non continuará a próxima tempada no Deportivo, informou este luns o club branco e azul a través dun comunicado de prensa. O futbolista, peza chave no ascenso a LaLiga Hypermotion a pasada tempada, chegou a Riazor no verán de 2022 procedente do Nîmes Olympique F. C.
𝑺𝒆𝒎𝒑𝒓𝒆 𝒔𝒆𝒓𝒂́𝒔 𝒖𝒏 𝒅𝒆𝒑𝒐𝒓𝒕𝒊𝒗𝒊𝒔𝒕𝒂 𝒎𝒂́𝒊𝒔. 🤍💙 pic.twitter.com/r1Kc4wSraa
— RC Deportivo (@RCDeportivo) May 26, 2025
Desde entón, disputou un total de 94 partidos oficiais coa camiseta branca e azul, nos que marcou 4 goles. Pablo Martínez, un dos actuais capitáns, ampliaría o seu contrato co Dépor de forma automática en caso de disputar un número de partidos na categoría de prata. Con todo, nas últimas catro xornadas desapareceu das aliñacións de Óscar Gilsanz, quen onte á noite en Zaragoza elixiu a Tosic antes que ao central francés tras a lesión de Jaime.