Publicador de contidos

Publicador de contidos

A derruba da bancada en Balaídos xera pequenos desperfectos en tribuna

A derruba da bancada en Balaídos xera pequenos desperfectos en tribuna

G24.gal 27/05/2025 19:44

Un forte ruído alertou a veciñanza próxima a Balaídos a primeira hora da tarde deste martes. Unha derruba non controlada na bancada de Gol provocou que os cascallos xerasen unha nube de voaxa, moi aparatosa pero sen ningunha consecuencia nin para os operarios nin as obras. 

Pola tarde os técnicos facían o reconto de danos, sobre todo nunha das estruturas que recobre a tribuna do campo vigués. Afortunadamente nada serio e que fará que as obras sigan o seu curso normal durante os vindeiros días. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade