Publicador de contidos

Publicador de contidos

Zurbriggen "Foi un triunfo moi importante, coa nosa xente"

Zurbriggen "Foi un triunfo moi importante, coa nosa xente"

O Galicia en Goles conversou co base arxentino, que celebrou a vitoria ante o Manresa xunto á súa nai

G24.gal 02/04/2022 21:20

Chegaba ao Sar un dos conxuntos máis en forma da Liga ACB. E o Obradoiro tivo que loitar e moito para levar o triunfo, tras prórroga, e poder seguir camiñando cara a ansiada permanencia. Un dos ausentes, por decisión técnica, ante o Breogán, o base Fernando Zurbriggen, votou a ter minutos e conversou co Galicia en Goles.

"Son decisións do adestrador e respectámolas. Somos trece xogadores e estamos todos á súa disposición. Hoxe tocou volver ter minutos e estou moi ledo por conseguir a vitoria ante os nosos. Moi importante. Tiven algunha falta innecesaria, pero é froito da xuventude. Seguimos aprendendo"

O xogador sudamericano estivo apoiado pola súa nai, presente no Multiusos Fontes do Sar e coa que tamén conversou Alfonso Pardo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade