Yeremay é dúbida para xogar o domingo ante o Sestao
Idiakez: "É unha molestia no isquio. Os que volven tras lesión é un risco que teñen"
O Deportivo prepara o partido do domingo (16:00 horas) contra o Sestao en Riazor coa principal dúbida de Yeremay Hernández.
Nunha sesión que transcorreu detrás das lonas do terceiro campo da cidade deportiva, o canario participou no adestramento, pero Imanol Idiakez recoñeceu as súas dúbidas acerca do seu estado físico e as posibilidades de que xogue o próximo compromiso ligueiro.
"É unha molestia no isquio. Os que volven tras lesión é un risco que teñen. Non parece importante, pero non queremos que recaia", afirmou.
Despois tamén recoñeceu que o seu caso parécese ao de Jaime, que se tivo que retirar do partido do pasado mércores e este venres nin sequera participou na sesión.
"Temos que esperar. Non parece unha lesión importante, pero hai que fiar fino", sinalou á espera do adestramento deste sábado, o último antes do encontro contra o Sestao.
Pa o técnico, trátase dun partido clave.
"O domingo é un día importante. Unha vitoria empuxaríanos de verdade".