Publicador de contidos

Publicador de contidos

Yeremay devolve o Deportivo ao rego das vitorias (1-2)

Yeremay devolve o Deportivo ao rego das vitorias (1-2)

Batistao marcou na primeira chegada dos andaluces

Yeremay empatou nada máis comezar o segundo tempo

O propio Yeremay deulle a Mulatieri o gol do triunfo

O Deportivo racha unha xeira de cinco xornadas sen gañar

G24.gal 17/01/2026 21:37 Última actualización 17/01/2026 23:15

O Deportivo saltou ao céspede do Mediterráneo consciente da urxencia. Da urxencia de acabar cunha xeira de cinco xornadas sen gañar que encheu de dúbidas ao deportivismo e que o afastou da cabeza da táboa. Había que gañar. Para tal cometido, Hidalgo trouxo de volta a Loureiro e meteu a José Ángel e a Zaka.

A posta en acción herculina foi prometedora, cun par de avisos de Zaka e de Yeremay. Pintaba ben. Pero na primeira na que se achegou o Almería, labazada. Embarba aproveitou as facilidades e serviu para Leo Batistao (minuto 13). Un pao. O Deportivo non se descompuxo e tivo opcións para o empate, as máis claras de Zaka e Yeremay. Pero non houbo xeito, nada. 1-0 ao descanso.

Á volta do intermedio cambiou a situación. O Deportivo puido correr e nunha destas... Pase de Soriano e Yeremay á carreira empatou o partido. Minuto 48. E logo veu unha segunda parte na que o Almería quixo, pero foi o Deportivo o que puido. O que volveu fallar ocasións e mesmo lle anularon un gol. Ata o minuto 78. Aí volveu enganchar outra transición o equipo herculino con Yeremay, á que lle puso broche Mulatieri. Gol de Mulatieri. O italiano viña de entrar no campo. 1-2.

E así foi como gañou o Deportivo e acabou coa seca. E volve mirar arriba. E escampan moitas dúbidas ao tempo que regresa a certeza de que, cando Yeremay funciona, este é outro Dépor.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar