Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta e Aena avanzan cara a un plan de coordinación conxunto para os aeroportos

A Xunta e Aena avanzan cara a un plan de coordinación conxunto para os aeroportos

Rueda e Lucena apostan por traballar da man para recuperar rutas e pasaxeiros

O vindeiro día 5 de novembro as dúas administracións volverán reunirse para decidir as medidas concretas que se van adoptar

G24.gal 23/10/2025 14:17 Última actualización 23/10/2025 14:24

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o de Aena, Maurici Lucena, sentaron para analizar a situación dos tres aeroportos galegos. Lucena aposta por traballar conxuntamente para que as tres terminais recuperen rutas e pasaxeiros: "Debuxar un plan de actuación conxunto cun fin moi claro que é mellorar a conectividade de Galicia, que é o obxectivo compartido pola Xunta e por Aena".

Rueda pide deixar de lado localismos e que todas as administracións camiñen unidas: "Se somos capaces de facer unha análise técnica que leve a propostas tamén técnicas e sólidas nas que todos decidamos implicarnos, esa é a base dunha solución. De nada serve estar discutindo porque todos temos a responsabilidade e a obriga de que a situación mellore".

O vindeiro día 5 de novembro volveranse reunir para decidir as medidas concretas que se van adoptar. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade