Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xuízo do Alvia: Cortabitarte culpa o maquinista e Garzón, a deficiente seguridade da liña

Xuízo do Alvia: Cortabitarte culpa o maquinista e Garzón, a deficiente seguridade da liña

G24.gal 15/10/2022 15:30

As primeiras sesións do xuízo do accidente do Alvia en Angrois deixaron clara a estratexia de defensa dos dous únicos acusados pola maior traxedia ferroviaria da democracia en España.

O maquinista do tren, Francisco José Garzón, pide perdón e centra a súa defensa nunha seguridade deficiente na vía.

O exresponsable da seguridade na circulación de Adif, Andrés Cortabitarte, descarga as culpas no condutor do tren e, en menor media, en Renfe e na construtora da liña.

A partir do día 25 de outubro comezarán a declarar as testemuñas. As vítimas confían en que se aclare que foi e que non foi determinante para provocar a traxedia naquela véspera do Día de Galicia de hai nove anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade