A expresidenta de INECO desvincúlase da contratación de Jéssica Rodríguez en Adif
Carmen Librero asegura que nin Ábalos nin Koldo lle falaron dela e que non sabía se asistía ou non ao seu posto de traballo
O PP reclámalle responsabilidades por non vixiar a contratación da empresa pública
A expresidenta da empresa pública INECO desvincúlase da contratación de Jessica Rodríguez en Adif.
Carmen Librero tivo que comparecer na comisión de investigación do caso Koldo no Senado e responder as preguntas do Partido Popular que o exministro José Luis Ábalos lle encargara contratala. Nin el nin Koldo García, ao que admitiu que viu unha vez na súa vida.
"Recibiu instrucións de Ábalos ou de Koldo para contratar a Jessica?", preguntou Juan José Sanz, do PP.
"Non", respondeu Carmen Librero, expresidenta de INECO.
O Partido Popular pídelle responsabilidades por presunta fraude na contratación pública. Carmen Librero di que no sistema figuraba que Jéssica asistía ao traballo a diario.
"O que é evidente é que lles meteron un gol e que vostede ten algunha responsabilidade, porque tiña que saber se esa muller estaba traballando e estar vixiante", di Juan José Sanz.
"Non podo considerarme responsable do que diga Jéssica. Ela di que non foi traballar, pero no sistema figuraba que estaba alí e pasaba as horas todos os días", respondeu Carmen Librero.