Rey Varela será o secretario da organización do Congreso do PP e Paula Prado exercerá de vogal
A Xunta Directiva Nacional aprobou este luns a convocatoria da cita con "carácter extraordinario" e anunciou a composición da comisión organizadora

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, será o secretario da organización do XXI Congreso que o Partido Popular celebrará os días 4,5 e 6 de xullo en Madrid, e a número dous dos populares galegos, Paula Prado, exercerá de vogal.
A Xunta Directiva Nacional aprobou este luns a convocatoria da cita con "carácter extraordinario" e anunciou a composición da comisión organizadora, na que só Galicia e a Comunidad de Madrid contan con máis dun membro.
A comisión organizadora terá plenas competencias sobre todos os aspectos e decisións relacionadas coa preparación do conclave e está integrada polo secretario xeral do PP de Madrid, Alfonso Serrano; a deputada por Melilla, Sofía Acedo; e o alcalde de Ferrol e senador, José Manuel Rey Varela.
Precisamente, o líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, destacou que Rey Varela, quen foi conselleiro de Política Social durante a etapa do Feijóo á fronte da Xunta, é unha das persoas que máis traballou os seus éxitos en política "veciño a veciño". Esa comisión organizadora tamén contará con vogais das distintas comunidades, entre as que está Paula Prado, secretaria xeral do PPdeG.
O presidente da Junta de Andalucía, o presidente de Castela e León, Alfonso Fernández Mañueco; a eurodeputada Alma Ezcurra; e a alcaldesa de Zaragoza, serán os encargados do relatorio político.
O presidente da Xunta de Galicia, amosouse "encantado" de que o líder do PP encargase a Juanma Moreno e a Alfonso Fernández Mañueco o relatorio político.
Prazos para a presentación de candidaturas
A partir da convocatoria do Congreso ábrese un prazo de 15 días para que calquera afiliado do partido se poida inscribir para participar en todo o proceso electoral. Ata as 14.00 horas do día 3 de xuño de 2025. Segundo o PP, cada afiliado poderá presentarse como compromisario ata 5 días antes do día da votación. Ademais, os candidatos á Presidencia deberán presentar a súa precandidatura do Congreso ata as 20.00 horas do día 28 de maio. Para ser proclamado precandidato á Presidencia do partido será necesario presentar o apoio de, polo menos, 100 afiliados ao corrente do pago das cotas.
No caso de que se presentasen dous ou máis candidaturas, a Comisión Organizadora proclamará os candidatos presentados, convocándose a campaña electoral interna, que comezará o día 30 de maio ás 9.00 horas e finalizará ás 24 horas do día 15 de xuño. As asembleas para elixir os candidatos á presidencia do partido e para a elección de compromisarios celebraranse o día 16 de xuño de 2025, segundo informou o Partido Popular nun comunicado.
Feijóo promete un congreso con "discusión ideolóxica"
Precismente, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que o PP non vai esconder " as súas diferenzas" ante o XXI Congreso senón que apostarán por debatelas no marco dese conclave para chegar a acordos, dado que, segundo dixo, "a unidade non se impón" senón que se "constrúe".
O debate estimúlanos e ilusiónanos", garantiu Feijóo que subliñou que non convocou este congreso para "cumprir un trámite" senón para "discutir de fondo", "construír ideas", "revisar propostas" e dicir aos españois o que pensan e o que farán se gobernan España.