Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Partido Popular pídelle a Bruxelas que investigue o rescate de Air Europa

O Partido Popular pídelle a Bruxelas que investigue o rescate de Air Europa

Os populares denuncian trato de favor político, opacidade e posible conflito de intereses

O Goberno denuncia un ataque "desapiadado" contra a privacidade do presidente do Goberno pero nega que estea a ser chantaxeado

As últimas mensaxes publicadas entre José Luis Ábalos e Nadia Calviño
G24.gal 15/05/2025 14:18

O rescate de Air Europa aprobouse en setenta días. Outras empresas tiveron que agardar un ano ou máis. A aeroliña recibiu o si en novembro de 2020. Catro meses antes, a ministra de Economía escríbelle ao titular de Transportes que "haberá que correr a próxima semana". Na resposta, Ábalos desvela por que tanta présa. Confésalle a Calviño que "Javier Hidalgo está que corta as veas e que xa non pode burlar máis os acredores".

Na publicación destas mensaxes, o Goberno ve un delito e non quedará de brazos cruzados. O ministro de Xustiza fala dun ataque "desapiadado" contra a privacidade do presidente do Goberno, pero descarta que Pedro Sánchez estea a ser chantaxeado polo seu exnúmero dous. De onde saíu a filtración está por determinar. Ábalos confirma que el consentiu publicar os de 2023, pero desvincúlase do resto.

O PP defende que son conversas de relevancia pública e conclúe que o xefe do goberno "mediou para favorecer de forma urxente no rescate de Air Europa despois de que a súa muller tivese relacións empresariais con esta empresa". Os de Feijóo elevan o caso a Europa. Veñen de pedirlle á Comisión Europea que investigue se houbo irregularidades na concesión destas axudas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade