Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Moncloa cre que a publicación das mensaxes de Sánchez e Ábalos forma parte dunha campaña de acoso

A Moncloa cre que a publicación das mensaxes de Sánchez e Ábalos forma parte dunha campaña de acoso

Óscar López evita aclarar se o Goberno sabía dende hai meses que eses whatsapps se ían publicar

G24.gal 19/05/2025 14:47

O socialista Óscar López evitou este luns confirmar que A Moncloa xa sabía dende hai meses que se ían publicar as mensaxes telefónicas intercambiadas entre o presidente do Goberno e o exministro Ábalos. O ministro para a Transformación Dixital esquiva a palabra "chantaxe" e apunta ao acoso. 

"Eu só podo confirmar esa campaña de acoso e derruba ao Goberno que é obvia, vea todo o mundo, está todos os días na prensa", díxolles aos xornalistas, ao tempo que defendeu a "exemplaridade" coa que sempre actuou o Goberno.

O socio da coalición, Sumar, evita entrar no debate de se o PSOE o coñecía ou non que se ían facer públicos os whatsapps, pero a súa coordinadora xeral, Lara Hernández, pediu que "se clarifique e se investigue todo o que teña que ver con esas mensaxes".

Para o líder do PP, as mensaxes son unha mostra da necesidade dunha "limpeza profunda" no Goberno. "Quérennos resignados a convivir con días e días de corrupción, a ter o Goberno máis caro e inútil, a que paguemos máis ca nunca para que todo funcione un pouco peor, pero non o van conseguir, este país non vai renderse" dixo Alberto Núñez Feijóo na reunión da Xunta Directiva Nacional do PP.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade