Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Fiscalía apoia que o xuíz investigue a expresidenta do Adif no caso Koldo

A Fiscalía apoia que o xuíz investigue a expresidenta do Adif no caso Koldo

O fiscal considera que Pardo de Vera puido incorrer en presuntos delitos de malversación ou tráfico de influencias coa contratación en dúas empresas públicas da exparella do exministro José Luis Ábalos

Isabel Pardo de Vera, expresidenta do Adif (Europa Press/Gabriel Luengas) Isabel Pardo de Vera, expresidenta do Adif (Europa Press/Gabriel Luengas)
EFE 19/05/2025 10:57

A Fiscalía Anticorrupción remitiu un informe á Audiencia Nacional no que apoia que o xuíz Ismael Moreno investigue a expresidenta do Adif Isabel Pardo de Vera no caso Koldo, en relación coa contratación en dúas empresas públicas de Jéssica Rodríguez, exparella do exministro José Luis Ábalos.

O maxistrado que investiga a Ábalos no Tribunal Supremo considerou que podería haber "indicios bastantes" de delito na actuación da tamén exsecretaria de Estado de Transportes e decidiu enviar a documentación correspondente á Audiencia Nacional, ao ser o órgano competente para investigala, no seu caso.

Antes de decidir respecto diso, o xuíz Ismael Moreno solicitou o criterio da Fiscalía, que xa enviou un informe no que apoia a imputación, segundo adiantou o diario El Mundo e confirmaron a EFE fontes xurídicas.

De acordo con as fontes consultadas, o fiscal considera que Pardo de Vera puido incorrer en presuntos delitos de malversación ou tráfico de influencias.

Agora, o xuíz Moreno, que foi o primeiro que comezou a investigar o caso Koldo, arredor dunha presunta trama de comisións en contratos de máscaras, debe decidir se cita a Pardo de Vera como investigada.

O maxistrado do Supremo, que ademais da Ábalos investiga ao seu exasesor Koldo García e o empresario Víctor de Aldama, remitiu á Audiencia Nacional os documentos elaborados polas empresas Ineco e Tragsatec en relación con dous contratos, así como parte do informe da Garda Civil e a declaración que prestou como testemuña Jéssica Rodríguez.

Segundo o maxistrado, existen "indicios bastantes" para considerar que Pardo de Vera "podería ter unha relevante participación na que se presenta como posiblemente irregular e caprichosa contratación por senllas empresas públicas dunha persoa escollida liberrimamente por Ábalos", quen contaría "coa relevante participación" do exasesor ministerial Koldo García.

E, engade, "sen que aquela durante o período en que estivo contratada, despregase actividade laboral algunha", a pesar de que senllas empresas remitiron dous informes nos que certificaban que Jéssica Rodríguez si traballou. Para o xuíz, en cambio, resultan "particularmente reveladoras" as comunicacións mantidas entre Pardo de Vera e Koldo García neste sentido que obtivo a UCO.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade