A Policía Científica confirma ADN de vítima e acusado na arma do crime do ocupa de Vigo
Os forenses tamén desbotan que a vítima presentase cortes nas mans
Na xornada de conclusións provisionais do xuízo polo crime da vivenda ocupa de Vigo os forenses confirmaron que a vítima non tiña cortes nas mans como dicía o acusado para xustificar as manchas de sangue na súa roupa. O axente da Policía Científica que declarou tamén apuntou que na arma do crime había restos do acusado e da vítima.
Os peritos tamén apuntaron que a vítima presentaba unha importante intoxicación etílica de 3,5 en sangue e tamén un mínimo resto de cocaína que podería ser de hai meses.
A avogada da defensa segue pedindo a libre absolución porque considera que o sangue da vítima na roupa do seu cliente é o único indicio que hai e que o seu defendido non tivo tempo material de cometer o crime. Tamén solicita que sexa cualificado como homicidio.
Algunhas das cuestións tivéronse que repetir pola mala sonoridade da macrosala da Cidade da Xustiza de Vigo.