Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os sen teito escollen contedores de papel para durmir por illamento térmico e seguridade propia

Os sen teito escollen contedores de papel para durmir por illamento térmico e seguridade propia

Os expertos alertan de que faltan recursos

G24.gal 14/05/2025 14:53

Cada día son máis as persoas ás que non lles queda outra que pernoitar na rúa.

"Na meirande parte dos casos non é por vontade propia. Aquí, na Coruña, por exemplo, o albergue municipal e o de Padre Rubinos teñen lista de agarda", explica Pablo Sánchez, traballador social da Cociña Económica da Coruña.

Un dos acubillos que máis empregan os sen teito nos últimos tempos son contedores de papel e cartón coma este. E fano por dous motivos fundamentalmente: porque lles ofrecen certo illamento térmico e pola súa propia seguridade. 

 "Durmir na rúa agora converteuse en algo perigoso. Hai roubos, atracos, asaltos... entre eles mesmos", engade Sánchez.

Pero durmir nestes contedores... supón un risco moi elevado. 

"A persoa non coñece a frecuencia con que baleiran o contedor e, ao final, é unha cuestión de azar", comenta o traballador social da Cociña Económica da Coruña.

Con todo, os expertos din que moitos viven así por desesperación. E non sempre responden ao mesmo perfil.

Na Coruña, nos últimos cinco meses, nesta planta de reciclaxe atoparon o corpo sen vida de dous homes no interior de contedores de papel.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade