Publicador de contidos

Publicador de contidos

Emotiva homenaxe dos seus pacientes a unha doutora de familia da Coruña

Emotiva homenaxe dos seus pacientes a unha doutora de familia da Coruña

Rosa Rodríguez xubílase tras máis de 30 anos no centro de saúde de Durmideiras

Os veciños destacan o cariño que lles brindou desde o primeiro día

G24.gal 14/05/2025 14:49

Cunha forte ovación recibiron os pacientes do centro de saúde de Durmideiras a Rosa Rodríguez, que este mércores deixa, por xubilación, a súa consulta. Flores, aplausos e moita emoción.

"Rosa non é Rosa, é unha xoia", contaba un dos seus pacientes.
"Cando tiñas consulta con ela, non ías ver a Rosa, ías ver unha irmá, ese é o nivel de cariño que nos daba", recoñeceu outro.

Rosa asegura que todo o que fixo foi cumprir co seu deber. E sinala que tivo os mellores pacientes do mundo. 

"Estou abrumada polo cariño, polo agradecemento e respecto dos meus pacientes. Eu só fixen o meu traballo o mellor que puiden, pero ben se ve que eles o merecían", engadiu.

Os veciños de Durmideiras explican que nunca a esquecerán porque, por riba de calquera outra consideración, a doutora Rosa Rodríguez é unha boa persoa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade