Publicador de contidos

Publicador de contidos

Daniel Sánchez Arévalo centra a última xornada do festival de Cans

Daniel Sánchez Arévalo centra a última xornada do festival de Cans

O gañador dun Goia participa nos coloquios da leira e conta xa coa súa estrela no torreiro

O vindeiro mes de xaneiro estrearase o seu último traballo, "Rondallas", rodado nos concellos do sur de Pontevedra

G24.gal 24/05/2025 22:15 Última actualización 24/05/2025 22:41

A parroquia porriñesa de Cans vive hoxe a clausura do festival de cine que comezou como unha broma do agroglamour e xa leva vintedous anos consolidado entre os eventos cinéfilos do país. 

Na derradeira xornada da edición deste ano do festival de cine máis popular do país o protagonismo foi para Daniel Sánchez Arévalo, gañador dun Goia coa película AzuloOscuroCasiNegro, que participou no coloquio na Leira e conta dende hoxe coa súa propia estrela no Torreiro.

Arévalo dedica precisamente a súa última longametraxe a un tema moi da zona, as rondallas, agrupacións culturais con grande tradición no sur de Pontevedra.

O día acolleu tamén para os últimos pases das curtas que entran en concurso. Esteouse un documental dedicado a Susana Seivane, coa participación da gaiteira. A banda Loba, Guadalupe Plata e Santero y los Muchachos poñen a banda sonora ao treito final do festival.

O tráfico de chimpíns comeza xa dende primeira hora, tanto par ao transporte de visitantes, coma para a loxística propia do evento. Mentres, os baixos e galpóns proxectan as fitas que entran en concurso.

Non todo é cinema en Cans, hai oco para os roteiros culturais e musicais, coa este guiado por Xurxo Souto. Foi o aperitivo do acto central da xornada, o coloquio na Leira, con Daniel Sánchez Arévalo como convidado nesta edición. 

"O festival de Cans é flipante porque saíron decenas e decenas de referencias á miña presenza no festival nas buscas de Google. E dixen, joder, como que está collendo moito lustre, non?", comenta o director madrileño.

No diálogo cos presentes no torreiro falou sobre todo da súa última película, Rondallas, baseada nas agrupacións musicais tan proias desta parte do país.

"Aprendín a tocar a pandeireta e a dirixir rondallas. A miña experiencia máis bonita das miñas películas, foi rodar aquí ao carón desta zona. Foi unha experiencia marabillosa, do meu equipo técnico, o equipo artístico. Eu quería quedar a vivir aquí, quería que me adoptarades", confesa o cineasta.

Dende agora ten xa a súa pegada gravada no torreiro parroquial, xunta a outros moitos cineastas e, sobre todo, veciños que son o cerne deste festival que nace dunha anécdota, pero que non quere perder a súa esencia. 

"Nós temos o obxectivo de manter esta esencia do que somos, dos galpóns, do chimpíns, das estrelas no torreiro e do encontro e a participación dos veciños, iso sí que o custodiamos como unha ferramenta fundamental", manifesta Alfonso Pato promotor e director do festival, que acada xa 22 anos de existencia.

Máis encontros arredor da sétima arte, proxeccións, entrega de premios e, sobre todo, música compoñen o programa nesta xornada de remate do festival.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade