Cargando resultados...
Pase en Vigo de 'San Simón' previo á chegada aos cines deste venres
A película, participada pola TVG, estreouse no Festival de Cine de San Sebastián

G24.gal
22/10/2025 21:18
A illa de San Simón, en Redondela, foi un campo de concentración franquista. 'San Simón', de Miguel Ángel Delgado, conta a historia dos homes e as mulleres que sufriron a represión nesa pequena illa. No equipo técnico e artístico da película participan fillos e netos dos presos reais,
Este mércores proxectouse en Vigo a película que recolle ese capítulo da historia. Un pase previo ao que acudiu boa parte do equipo. A estrea mundial deste filme, participado pola TVG, foi no Festival de San Sebastián. Este vernes chegará aos cines.