Cargando resultados...
Premios Fouciño, cine de proximidade en Baio con concertos, queimada, tarot.. e o que xurda
O programa combina curtametraxes dentro e fóra de competición, actividades lúdicas relacionadas co cinema e moita música
O sábado proxéctanse as curtas presentadas a concurso e celébrase unha festa na que actuarán Antía Muíño, Ulex, 9Louro e Tonita
V Premios Fouciño, do xoves 23 ao sábado 25 de outubro de 2025 en Baio, Zas
Roi Mira e a Alex Gándara, organizadores dos Premios Fouciño
G24.gal
22/10/2025 13:41
Última actualización 22/10/2025 16:44
Tempo agora para o encontro de creadores audiovisuais que comeza mañá en Baio. Celébranse alí os V Premios Fouciño cun programa de propostas que inclúen cine, música e por suposto o concurso de curtas. Imos saber algo máis con dous dos organizadores, Roi Mira e Álex Gándara.